.

PSD2: NOVA NORMATIVA EUROPEA PARA MAIOR SEGURIDADE

REALIZAS O PAGO A TRAVÉS DA TUA ENTIDADE BANCARIA

VERIFICAS O PAGO A TRAVÉS DUN MÉTODO VÁLIDO

VOLVES A GADISLINE.COM E COMPROBAS O TEU PEDIDO

Ao realizar un pedido, podes ser redirixido ao teu banco para que autorices o pago.

Conforme á nova normativa PSD2 e para cumprir os estándares de seguridade e transparencia, o teu banco darache indicacións para comprobar que es ti o titular da tarxeta e, desta forma, autorizar o pago e poder completar así a tua compra.

O teu banco pode solicitar a verificación cun código de seguridade único. Debes comprobar as mensaxes ou notificacións no teu teléfono móbil ou a bandexa de entrada do teu correo electrónico para ver o código e logo introducilo cando o solicite o teu banco.

Outra forma de verificación, no caso de telo activado co teu banco, pode ser mediante a pegada dactilar ou o recoñecemento facial.

Unha vez verificado, volverás a gadisline.com e recibirás unha confirmación de que o teu pedido realizouse correctamente.Neste proceso, algunhas entidades reteñen o importe do pedido ata que se realiza a cobranza do mesmo.

O pago da túa compra realízase a través da túa entidade bancaria. Neste proceso, é posible que a túa entidade reteña o importe autorizado ata que se realice a cobranza do mesmo. A autorización é un 5% superior do importe do pedido, debido a que o teu carriño pode incluír artigos de peso variable ou hai que substituír algún artigo.

Sí. Esta directiva afecta a todas as persoas que compren por internet e necesitarás o teu móbil para finalizar a compra. Afecta a todos os cidadáns europeos, sexan do país que sexan e operen co banco que operen.

O obxectivo da directiva PSD2 non é outro que reforzar os mecanismos de seguridade nos comercios electrónicos para garantir que quen realiza unha compra é o lexítimo titular da tarxeta. E como o fan?: Utilizando a autenticación de dobre factor cando pagues en liña.

Estes son os elementos de autenticación recoñecidos como válidos para demostrar que es ti quen está comprando en liña. Necesítanse dous dos seguintes elementos:

  • Algo que só coñeces ti, como poden ser as tuas claves de banca electrónica, o pin da tua tarxeta bancaria ou a resposta a unha pregunta persoal.
  • – Algo que só posúes ti, sexa físico ou non, como unha tarxeta de coordenadas ou un código dun só uso que recibes no teu móbil.
  • – Algo que es ti, como a tua pegada dactilar ou o recoñecemento facial, que están baseados na biométrica dos usuarios.