Condicións de uso e servizo – Gadisline .
REXISTRO
Tipo de cliente

Enderezo de facturación

O Responsable do tratamento: GadisaRetail S.L.U. con domicilio en Polígono de Piadela s/n 15300 –Betanzos (A Coruña), infórmalle:

- Os datos da sección de rexistro de usuarios da tenda virtual serán tratados, coa finalidade de prestar os servizos do portal para a xestión de pedidos e para o envío de comunicacións comerciais, sevd. así o solicita. O tempo de conservación dos datos será o correspondente á duración da relación comercial co cliente ou usuario, ou ata que exerza os seus dereitos de cancelación ou supresión.

- Os datos da sección de contacto serán tratados coa finalidade de xestionar as súas consultas, peticións ou reclamacións e se tratarán durante o tempo necesario para cumprir con dita finalidade.

En ámbolos casos lle informamos que para cumprir con ambas finalidades, os seus datos poderán ser cedidos ás empresas do Grupo GadisaRetail: Atlántica Saga Ourense, S.L.U., Ecomás Supermercados, S.L., Ezequiel Arribas S.A.U., Hipermercados y Economatos, S.A., LucusMarket S.L.U., Mercartabria S.L.U., Pontevicus, S.L.U. Pode exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación ou supresión, oposición, á limitación do seu tratamento ou á portabilidade de datos , dirixíndose por escrito a GadisaRetail, S.L.U., Pg. Piadela, s/n 15300 Betanzos (A Coruña) ou a lopd@gadisa.es, indicando o dereito a exercitar e achegando fotocopia do seu DNI e REF: Protección de Datos-gadisline.

Igualmente ten vostede dereito a presentar unha reclamación ante a Agencia Española de Protección de Datos.

Para máis información pode acceder á sección de Protección de Datos.

condicións de uso e servizo
REXISTRARSE EN GADISLINE

¿Qué queres facer?

CONTINUAR
Logo de rexistrarte, poderás modificar os teus datos na túa área privada
  • CAS
  • |
  • GAL
Logo supermercado online gadisline.com
ACCEDER REXISTRARSE
Horarios de entrega
  • CAS
  • |
  • GAL

XA SON CLIENTE

Por favor, identifícate

Esquecín o meu contrasinal Reenviar email de activación
Imaxen Xa son cliente

NOVO CLIENTE

Coñece Gadisline

Servimos o teu pedido dende a área de reparto máis próxima a ti.

Crear unha conta nova
Imaxen Novo cliente
  • CAS
  • |
  • GAL

Gracias por registrarte

Durante el proceso de registro te enviamos un código por SMS para validar tu teléfono móvil.

Valida ahora el móvil que has registrado o, si quieres, sustitúyelo por otro diferente.

¿No encuentras el código? Reenviar

Condicións de uso e servizo

Condicións de Servizo e Política de privacidade do sitio web www.gadisline.com

  1. INFORMACIÓN SOBRE O SERVIZO

O presente sitio web https://www.gadisline.com/ (en diante o “sitio web www.gadisline.com”) é propiedade de Gallega de Distribuidores de Alimentación, S.A. (en diante “GADISA”).

  • Gallega de Distribuidores de Alimentación, S.A.
  • Polígono de Piadela, s/n, 15300 Betanzos (A Coruña)
  • C.I.F.: A15106925
  • Sociedade inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña, tomo 522, libro 288, sección 3.ª e Sociedades, folio 15, folla 3113, inscrición 1.ª
  • Teléfono: 981 779600     correo electrónico: gadisline@gadisa.es
  1. OBXECTO

Gallega de Distribuidores de Alimentación S.A, como cabeceira do grupo GADISA, e titular do sitio web GADISLINE, cedeu o uso do mesmo a GADISA RETAIL, S.L.U., con C.I.F.: B15735590 (pertencente ao grupo GADISA e a súa vez cabeceira do sub-grupo GADISA RETAIL) e á vez encomendoulle a xestión do sitio web www.gadisline.com, co fin de dar servizo do portal da internet ás empresas do sub-grupo GADISA RETAIL e aos clientes destas para a compra por Internet. Por iso, en diante, referirémosnos únicamente a GADISA RETAIL.

GADISA RETAIL, como xestor da páxina web, pon a disposición dos usuarios as presentes “Condicións de Servizo e Política de Protección de Datos” en cumprimento do establecido na Ley 34/2002, de Servicios da Sociedade da Información e do Comercio Electrónico (LSSI-CE) e na lexislación correspondente á materia de protección de datos, e concretamete co Regulamento UE 2016/679, do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril (en diante “Estas Condicións”)

Dende o momento no que vostede decida acceder ao site e navegar por él, está a aceptar sen reserva “Estas Condicións”. O acceso ao site é gratuito e para navegar por él non é preciso que revele a sua identidade nin que facilite ningún dato persoal.

GADISA RETAIL resérvase o dereito a modificar calquera tipo de información que puidera aparecer no sitio web, sen que exista obriga de preavisar ou poñer en coñecemento do usuario ditas modificacións, entendéndose como suficiente o aviso de dita modificación no sitio web.

As características dos servizos presentados no sitio web www.gadisline.com son as existentes no momento de posta “on line” ou da actualización das diferentes páxinas.

  1. REXISTRARSE COMO USUARIO DA WEB

Para rexistrarse, no sitio web www.gadisline.com atopará na pantalla de inicio a opción “Rexistrarme”. Ao premer o botón “Rexistrarme” ábrese o formulario de rexistro. Tras cubrir os campos e aceptar as Condicións de Servizo e a Política de Privacidade, só cómpre premer o botón “Rexistrarse en Gadisline”. Para confirmar a alta do usuario, deberá acceder á conta de correo que indicou no rexistro e confirmar a mensaxe que a web lle envía ó seu correo electrónico.

Os usuarios rexistrados recoñecen ser maiores de 18 anos e ter capacidade legal para aceptar estas Condicións.

O sitio web www.gadisline.com permítelle ao usuario rexistrado ter a súa área privada, dende a cal poderá realizar e xestionar as súas compras e recibir publicidade, se así o autoriza.
Os danos e perdas directos ou indirectos que fosen causados por calquera terceiro se o usuario rexistrado perdeu, desvelou, descoidou ou, de calquera modo, deixou por causas imputables a el que un terceiro coñecese os seus datos persoais necesarios para o uso da web www.gadisline.com serán responsabilidade do usuario.

  1. RESPONSABILIDADE

GADISA RETAIL queda eximida de calquera tipo de responsabilidade derivada da información publicada no seu sitio web, sempre que esta información fose manipulada ou introducida por un terceiro alleo a este.

GADISA RETAIL non se fai responsable da información nin dos contidos almacenados, a título enunciativo pero non limitativo, en foros, xeradores de blogs, comentarios, redes sociais ou calquera outro medio que lles permita a terceiros publicar contidos de forma independente.

Malia tomar todas as precaucións necesarias para proporcionar informacións actuais e exactas no sitio web, GADISA RETAIL non pode garantir a actualización de toda a información facilitada nin a ausencia de erros ou omisións.

O sitio web www.gadisline.com foi revisado e probado para verificar o seu correcto funcionamento. Con todo, non se exclúe a posibilidade de que existan certos erros de programación ou de que acontezan causas de forza maior, catástrofes naturais, folgas ou circunstancias semellantes que fagan imposible o acceso permanente ao sitio web.

GADISA RETAIL non poderá en caso ningún ser responsable de problemas directos ou indirectos, de prexuízos materiais (perda de datos ou de programa) ou de prexuízos financeiros resultado do acceso ou uso do seu sitio web.

  1. LIMITACIÓNS DE USO E DEBER DE CUSTODIA

O usuario comprométese a non utilizar o sitio web con fines ilegais ou de forma que se vulneren os dereitos de terceiros. O usuario obrígase a absterse de utilizar a aplicación telemática con fins ou efectos ilícitos ou contrarios ao establecido no presente documento e na aplicación telemática, lesivos dos dereitos e intereses de GADISA RETAIL e de terceiros, ou que de calquera forma poidan danar, inutilizar, sobrecargar ou deteriorar a aplicación telemática ou impedir o normal uso ou desfrute da aplicación telemática por parte dos demais usuarios.Ao usuario quédalle prohibido, de forma enunciativa pero non limitativa, realizar enxeñaría inversa, descompilar, desensamblar, reproducir, traducir, modificar, versionar, comercializar, duplicar, transformar ou transmitir a calquera persoa ou entidade, parcialmente ou na súa totalidade, en forma ou por medio ningún, xa sexa mecánico, magnético, por fotocopia ou calquera outro, ou eliminar calquera aviso de propiedade ou etiquetas da aplicación telemática, de forma enunciativa e non limitativa, os diagramas lóxicos, os códigos fonte, o obxecto e/ou o modelo de datos, sen a previa e expresa autorización por escrito de GADISA RETAIL.

GADISA RETAIL non pode garantir que a dispoñibilidade do servizo sexa continua e ininterrompida en todo momento, debido á posibilidade de que aparezan problemas técnicos na rede, nos prestadores de servizos de telecomunicacións, avarías nos equipos e outras posibles continxencias imprevisibles como reparacións, mantemento e actualización de software. En calquera caso, GADISA RETAIL garante que tentará solucionar os ditos problemas no menor tempo posible

  1. PROPIEDADE INTELECTUAL E INDUSTRIAL

Todos os contidos, marcas, deseños, logos, iconas, botóns, software, nomes comerciais, nomes de dominio e calquera outro signo ou elemento susceptible de estar protexido por dereitos de propiedade intelectual e industrial que forme parte do presente sitio web é propiedade de GADISA RETAIL ou de terceiros que autorizaron debidamente a súa inclusión no dito sitio web e que figuran como autores ou como titulares dos dereitos.
Os dereitos de explotación do sitio web son titularidade de GADISA RETAIL e están protexidos pola lexislación española de propiedade intelectual e pola lexislación aplicable do país onde se utilice o referido sitio web. A estrutura, organización e codificación do sitio web constitúen valiosos segredos comerciais e información confidencial de GADISA RETAIL. Polo tanto, o usuario deberá tratar a aplicación informática web da mesma forma que o faría con calquera outro material protexido por dereitos de propiedade intelectual e non poderá copiala sen autorización expresa e por escrito dos seus titulares. En ningún caso se entenderá que se concede licenza ningunha ou que se efectúa unha renuncia, transmisión, cesión total ou parcial dos ditos dereitos, nin que se confire ningún dereito, en especial de explotación, reprodución, distribución, transformación ou comunicación pública, sobre os ditos contidos sen a previa autorización expresa e por escrito de GADISA RETAIL ou dos terceiros correspondentes.

As marcas deberán utilizarse de conformidade cos usos comerciais sobre marcas, incluída a mención do nome do propietario da marca.

  1. LIGAZÓNS A OUTROS SITIOS DA INTERNET

Este sitio web pode conter ligazóns ou hiperligazóns que conducen a outras páxinas web xestionadas por terceiros alleos á nosa organización. Así pois, GADISA RETAIL non pode garantir o contido ou as informacións que se recollan nas páxinas web mencionadas, nin tampouco a súa veracidade ou actualización e, en consecuencia, GADISA RETAIL queda eximida de calquera responsabilidade por danos e perdas de todo tipo que poidan derivarse da utilización de páxinas web alleas a https://www.gadisline.com.

A actualización dunha hiperligazón ao sitio web “www.gadisline.com” require dunha autorización previa e por escrito de GADISA RETAIL. Se desexa incluír no seu sitio web unha hiperligazón ao noso sitio web, debe contactar co responsable do sitio web.

  1. POLÍTICA DE PRIVACIDADE DE WWW.GADISLINE.COM

Aos efectos da lexislación correspondente á materia de protección de datos, e concretamente co Regulamento UE 2016/679, do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril, informamos ao usuario dos seguintes extremos:

– Que os datos de carácter persoal referentes a persoas físicas recollidos na sección “REXISTRO DE USUARIOS DA TENDA VIRTUAL” ten coma finalidade, a de prestar ao usuario os servizos do portal de Internet e a xestión de pedidos.

As categorías de datos que se solicitan nesta sección son as correspondentes a datos de identificación, nome, apelidos e DNI; así como datos de contacto, email e teléfono.

Ditos datos poderán ser cedidos a empresas do grupo GADISA RETAIL, para xestionar os procesos de facturación e entrega dos pedidos do portal de Internet. Ditas empresas son: Atlántica Saga Ourense S.L.U., Ecomás Supermercados S.L., Ezequiel Arribas S.A.U, Hipermercados y Economatos S.A., Lucus Market S.L.U., Mercartabria S.L.U. e Pontevicus S.L.U.

O tratamento ten igualmente como finalidade, se vd. así o autorizou expresamente, o remitirlle información comercial e publicitaria dos produtos comercializados polas empresas do Grupo Gadisa Retail, mesmo por correo electrónico.

O tratamento dos datos persoais levados a cabo por Gadisa Retail responde exclusivamente aos fins establecidos anteriormente e correspondentes aos que se lle requiriron, estando lexitimada para iso polo consentimento que expresamente se outorgou ao aceptar as presentes condicións. O tempo de conservación dos datos será o correspondente á duración da relación comercial entre Gadisa Retail, S.L.U e o cliente, ou ata que exerza os seus dereitos de cancelación ou supresión.

Os datos proporcionados na sección “Contacto” serán tratados por Gadisa Retail coa finalidade de xestionar as consultas, solicitudes ou reclamacións dos usuarios do portal. Eventualmente, ditos datos poderán ser cedidos a empresas do grupo Gadisa Retail formada por: Atlántica Saga Ourense, S.L.U., Ecomás Supermercados, S.L., Ezequiel Arribas S.A.U., Hipermercados y Economatos, S.A., Lucus Market S.L.U., Mercartabria S.L.U. e Pontevicus, S.L.U. para cumprir coa citada finalidade, lexitimada para iso polo consentimento que expresamente se outorgou ao aceptar as presentes condicións. O tempo de conservación dos datos será o preciso para atender a súa consulta, sendo destruídos unha vez cumprida a finalidade descrita.

Por medio da aceptación de “Estas Condicións”, o Usuario garante que os datos e informacións proporcionados a través do Sito Web ou por calquera outro medio son os seus propios; en caso contrario, o Usuario garante dispoñer do consentimento expreso dos titulares dos datos e informacións para a súa comunicación a GADISA RETAIL, coa fin de que poidan ser incorporados aos nosos ficheiros nas condicións e coas finalidades establecidas en “Estas Condicións”.

GADISA RETAIL, como Responsable do tratamento, garante o exercicio dos dereitos de acceso, rectificación, cancelación ou supresión, oposición, á limitación do seu tratamento ou á portabilidade de datos, para o que o usuario poderá dirixirse por escrito a Gadisa Retail S.L.U., Polígono de Piadela s/n, 15300 Betanzos, ou á dirección lopd@gadisa.es, indicando o dereito a exercitar, aportando ao efecto fotocopia do DNI e REF: Protección de Datos-gadisline.

Igualmente ten vostede dereito a presentar unha reclamación ante á Agencia Española de Protección de Datos.

  1. INFORMACIÓN SOBRE COOKIES

¿QUE SON AS COOKIES?

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu computador ao acceder a unha determinada páxina web. As cookies permítenlle a esta páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer o usuario e mellorar o servizo ofrecido.

TIPOS DE COOKIES QUE UTILIZA GADISLINE

Cookies esenciais:
Nome da cookie Duración Uso
melindres_options 7 días Preferencias de cookies
gadislinecom 1 día Segmentación anónima
PHPSESSID 1 día Variables de session
Cookies para analíticas:
Nome da cookie Duración Uso
_ga 2 anos Google Analytics: diferenciación de usuarios
_gid 1 día Google Analytics: diferenciación de usuarios
_dc_gtm_UA-68572192-1 1 minuto Google Tag Manager: limitador de solicitudes
_dc_gtm_UA-68572192-2 1 minuto Google Tag Manager: limitador de solicitudes
_gat_UA-68572192-1 1 minuto Google Tag Manager: limitador de solicitudes
_gat_UA-68572192-2 1 minuto Google Tag Manager: limitador de solicitudes

Consentimento

As cookies esenciais son impresicindibles para o funcionamento da nosa web. As cookies analíticas son opcionais e o usuario pódeas configurar ao seu gusto cando accede a mesma.

COMO MODIFICAR A CONFIGURACIÓN DAS COOKIES

Pode restrinxir, bloquear ou eliminar as cookies instaladas no seu equipo mediante a configuración das opcións do explorador instalado no seu computador:

  •   Internet Explorer: windows.microsoft.com/es-xl/internet-explorer/delete-manage-cookies#ie=”ie-10″
  •   FireFox: https://support.mozilla.org/es/kb/habilitar-y-deshabilitar-cookies-que-los-sitios-we
  •   Chrome: support.google.com/chrome/answer/95647?hl=”es”
  •   Safari: www.apple.com/es/privacy/use-of-cookies/

Gadisa Retail non se fai responsable do contido nin da veracidade das políticas de privacidade de terceiros incluídas nesta política de cookies.

  1. LEY APLICABLE E XURISDICIÓN

Para a resolución de todas as controversias ou cuestións relacionadas co presente sitio web ou coas actividades nel desenvolvidas, será de aplicación a lexislación española, á que se someten expresamente as partes, sendo competentes para a resolución dos conflitos derivados ou relacionados co seu uso os Xulgados e Tribunais da Coruña, salvo que sexa de aplicación a normativa específica en materia de protección de consumidores e usuarios, nese caso serán competentes os Xulgados e Tribunais do domicilio habitual do consumidor.

  • © 2025. GADISA Retail S.L.U.    |
  • Condicións de uso e Servizo, Política de Privacidade e Política de Cookies
  • |   Condicións de compra
  • |   Accesibilidade

DISPONIBILIDAD MÁS PRÓXIMA PARA EL CÓDIGO POSTAL

%DAY%
%MONTH%
%WEEKDAY%
%HOUR_FROM% › %HOUR_TO%

Ten en conta que esta información podería variar no momento de confirmar o teu pedido.